Ola a todos, hoxe achegámonos ata a xoia da coroa de tódolos nosos muíños de auga, en principio íamos a falar sobre os muíños máis o norte de Forcadela, no barrio que leva o mesmo nome que as construcións agrarias que estamos a tratar, “Os Muíños”, pero unha chamada de teléfono cambiou tódolos nosos plans de escribir sobre o noso roteiro de muíños.
Grazas a miña prima din contactado e posto unha data para unha visita moi especial, levaba moito tempo esperando esta oportunidade, así pois os descendentes da familia do Cadaval tiveron a ben concedernos a entrada o muiño, o máis grande e importante de Tomiño.
Faia máis de vinte anos que non entraba nel, cando pasabamos as tarde na auga que o rodea collendo cangrexos de río, subíndonos uns chanzos arriba e tirándonos dende unha escaleira nas arbores para caer na poza ó pasar a fervenza de auga, moitos bos recordos con amigos de xuventude, así que si, recoñézoo estaba algo nervioso por tantos bos recordos e por non saber o que me había de atopar.
O chegar o cruceiro do barrio da Ponte, alí aparcamos, e seguimos a pe collendo o antigo camiño real que leva a cruzala ponte un pouco máis a diante, antes de chegar a ela, no seu lado esquerdo atopamos un pequeno portal de madeira, flanqueado ao seu carón por unha base dun antigo cruceiro agora sen o pau, esta cruz perdeuse fai moito dínolo os veciños, pero o gran buraco na súa base dinos que deveu ser un cruceiro de grandes dimensións.
Doutro lado do portal temos para ver a antiga estela cunha cruz potenzada, que xa tratamos en artigos anteriores coma o que falamos sobre o camiño de Santiago.
O traspasar as pequenas portas do portal dámonos de súpeto cun fermoso xardín, a súa vexetación esconde a entrada principal do muiño que da a ponte, cruzamos o xardín e imos bordeando o muiño polo seu lado esquerdo ata que chegamos a un arco de pedra que delimita e separa o eido da familia do muiño, o cruzalo arco polo lado suroeste aparece ante nos unha segunda porta, ó entrar impresiónanos a escuridade con que nos recibe un espazo tan grande por dentro que logo por afora non o parece, dentro del notase moito fresco devido que as súas paredes mailo chan son de pedra así mantén esas baixas temperaturas.
Dende a outra parte do muiño entran uns raios de sol polas pequenas fiestras que ten este, e dende estas fiestras, a parte desta claridade podemos observar distintas paraxes o carón do muiño como o arco da ponte en todo o seu esplendor ou a fervenza que esta uns metros máis arriba aparte escoitamos o son do río que pasa por debaixo e polo carón do muiño.
Volvendo a vista ó interior contemplamos o verdadeiro tesouro que garda dentro, tres pes de moer, de diferentes tamaños e formas pos diferentes tipos de gran millo, trigo e centeo.
Tamén observamos os erguedoiros de auga e ollamos un par de moegas orixinais pousadas, sen estar colgadas nas súas vigas no teito, e postas enriba de cada pedra de moer, ímonos despedindo do muiño e lembrando bos recordos de xuventude o marchar observamos a mesma data gravada en pedra en dous lados distintos do muiño <<1930>>, na fiestra máis preto do río e na porta do suroeste esta data dános dúas teorías posibles.
A primeira é que fora a data da última gran reparación coincidindo ca época de bonanza agraria, eran os bos anos das sociedades agrarias en Forcadela, estas foron as impulsoras de grandes cambios no agro da parroquia.
A segunda é que fora o ano da súa construción, dubidosa pero de momento non atopei ningún documento para acoutar e esclarecer a súa data de construción, pero temos novas informacións que atrasan o dito en artigos anteriores sobre a data de construción dos muíños no río de Forcadela, no último artigo tomabamos a información de Pascual Madoz, no seu volume número oito do seu atlas de 1847, agora baixamos esa data ata 1626 -1720 onde xa notifícanse a construción de tres muíños no río de Forcadela, no libro (el mundo rural en la España moderna), nas actas de conflitos de regos na zona oriental do Antigo Réxime, no Catastro da Enseada, destes catro conflitos de rego en Tomiño, tres de eles foron en Forcadela que preiteaba contra parroquias limítrofes por irregularidades no manexo de auga do rego agrario, como cortar o leito do río mais arriba, e crear novas acequias (a presa do Río da Pedra), ou canles. Este curso do río nunha legua de distancia foi moi conflitivo ó longo da historia.
Despedímonos do muiño, dándolles as grazas de todo corazón aos donos, por deixarnos pasar e contemplar esta xoia do noso patrimonio, que necesita ser reparada urxentemente para que as vindeiras xeracións poidan contemplalo no seu máximo esplendor.
Este blogue prega que ca maior celeridade as autoridades competentes dean o impulso necesario para reparalo e que isto se poida levar a cabo o máis antes posible, creo que non hai outro muiño igual en todo Tomiño en importancia histórica, arquitectónica e infraestrutura hidráulica, este muiño de tres moas é uns dos símbolos da nosa bandeira por iso temos que entre todos reparalo coidalo e protexelo.
Como última anotación do muiño dicir que o nome de Cadaval case con toda seguridade proven do apelido familiar, aparte coma curiosidade o seu significado etimolóxico (Cadaval - terra de troncos queimados ).
Ningún comentario:
Publicar un comentario