Hoxe rematamos o noso percorrido sobre os muíños de auga de Forcadela, neste viaxe fomos de punta a punta da parroquia, dende o Ferreiro ata a Ponte e dende A Cova ata Os Muíños.
Neste itinerario visitamos varios tipos de muíños de diferentes estilos de construción e de distintas épocas, agora ímonos pondo en marcha para chegar o noso destino de hoxe, para iso temos que volver o camiño do barrio da Cova, onde xa atopamos o muíño da Figueira (en artigos anteriores).
Seguimos este fermoso camiño que vai paralelo ao río de Forcadela, que nos leva a observar os últimos piñeirais e carballos da zona, camiñamos ata chegar a un claro onde o camiño bifúrcase levándonos a atopar o primeiro muíño chamado o De Abaixo, situado nunha fondura no terreo que logo da paso ás leiras de labrado dos veciños.
Este muíño é o único en Forcadela que inda conserva a soleira de pedra na entrada, xusto enriba da porta para protexerse da choiva por iso, inda pódese apreciar o seu número (11) pintado no seu lintel na porta, o muíño está situado no leito de antigas canalizacións de auga agora xa esquecidas, imaxinando este antigo leito podemos esbozar como sería o salto de auga deste lugar.
Votando a vista máis arriba, o camiño por onde viñemos parar aquí, atopámonos co segundo muíño de hoxe o que se lle chama o De Arriba, estes dous muíños de auga forman un conxunto de gran valor histórico e paisaxístico, cunha gran fermosura o estar moi ben integrados na paisaxe, estes muíños foron restaurados tamén no 2004 igual que o da Figueira.
Vou facer un inciso no noso percorrido para comentar unha anécdota de xuventude que o pasar por estes camiños volven a min, xa nin me acordo do ano pero máis de vinte seguro, eran os días previos a San Xoán, tiñamos que buscar leña pa fogueira, algún veciño collíalle o tractor ó avó, e iamos todos os amigos dentro do tractor baixando o camiño da Fontenova, que vai dar a antigo serradoiro, e seguiamos a senda da antiga Gavilleira ata os baldíos a coller troncos vellos e caídos.
Voltámos o que hoxe nos importa e reportar novas informacións atopadas ultimamente, uns cadernos de campo de Catastro de novembro de 1921, onde aprécianse os debuxos destes muíños e moita información deles.
Dinos que estes muíños tiñan dimensións moi parecidas, roldaban os 14 metros cadrados, estaban revogados con arxila e que no de Abaixo, a roda hidráulica era de ferro, nos debuxos tamén nos mostran que había unha moa de pedra pousada nas proximidades do de Abaixo.
Informes nos que tamén nos contan que pertencían a familias coma a de Nazarío García Pérez, Marcial Barreiro Álvarez e outros.
É posible que existira un sétimo muíño máis arriba no río por algúns restos e datos atopados, o que ese antigo muíño fora preparado co tempo e transformado para ser parte do antigo serradoiro pero iso xa o falaremos en vindeiros artigos.
Aquí rematamos este percorrido sobre os muíños fariñeiros da parroquia, seis muíños que inda hoxe podémolos contemplar, parte da nosa historia que urxe coidala e restaurar para que os que veñen detrás de nos coñezan estes recordos do pasado e parte do noso orixe como pobo.
Desde este humilde blogue faemos unha chamada de emerxencia para recordarlle as autoridades competentes, que a ver se xa se dan de conta que Forcadela necesita moitas cousas, entre elas coidar do noso patrimonio e o noso contorno natural tan destruído ultimamente e que ninguén parece importarlle o máis mínimo, para recalcar a importancia do noso bosque que xa era reflexada en palabras de historiadores coma Marc Bloch: “tan inhóspito en muchos aspectos, el bosque dista mucho de ser inútil. Ningún dominio parecía completo si no tenía el suyo”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario