"O verán recen comenzado exalta os ánimos dos máis novos. E torna a noite na aldea solitaria, pra ollada cidadá, nunha fermosa festividade de bulicio e alegría. O Miño ao lonxe sumido na súa quietude estival como se o paso dos meses fose deixando nel ano tras ano unha fatiga e un acougo inquietantes, e a muda testemuña destas andanzas, mentras o viño brota das villas nas bodegas e a vexetación privilexiada dunha terra de agua e sol desprende os arrecendos nunha plasmación moi nosa do que puido ser o paraíso. " (Manuel Forcadela 1991)
O desdén da historia dun pobo é o maior dos fracasos como sociedade. Non interesarse polo que se ten nin poñer en valor o patrimonio etnográfico é como perder as túas raíces. Todo o conservado ata os nosos días, son eses escintileos de antigos tempos agora perdidos, son os que nos dan luz ao noso pasado e os gardiáns de antigos costumes, agora xa case esquecidos polo resto da xente. Utilizando esta época dixital e no medio de esta pandemia, nace este blog, coa mellor disposición para sumar o noso pequeno gran de area á conservación e divulgación de todo o que lles pode ofrecer a miña terra, así pois, comezamos e sexan benvidos a Forcadela.

domingo, 20 de febreiro de 2022

PAZO DO RAMO - Parte 3

Os seguintes donos do Pazo son os herdeiros de D. Agustín, moi especialmente Domingo de Bouzada y Aponte que tamén era familiar do Santo oficio e Liberata Vicente. 
D. Domingo nace na parroquia de San Pedro de Forcadela, en 1709, xa de mozo atopase domiciliado na freguesía de Santa Mariña do Roseira, moi posiblemente xa dende 1731 na casaron da Bouzada no barrio de Caselas, xudaría de Fornelos. El vive na compañía de D. Francisco Agustín Estévez de Avila e Aponte, a parte de que ademais de Parente era tamén home da máxima confianza do señor Estévez de Avila e Aponte, repetidas veces atopamos a D. Domingo de Bouzada comprando bens e pagando foros no nome de D. Agustín Estévez de Ávila y Aponte. 
O 26 de xuño de 1734 con 25 anos contrae matrimonio con dona Liberata Vicente Álvarez , natural de Forcadela e asemade, sobriña do señor Ávila y Aponte, vivindo ocasionalmente entre O Ramo e a casona da Bouzada, pola acta de casamento que se realiza na parroquia de Santa Mariña do Rosal, sabemos que Domingo e Liberata eran parentes entre si, xa que foran dispensados tanto das monicións, como o cuarto grao de consanguinidade. 
Pazo do Ramo - Propiedade de D. Domingo Bouzada e Dna. Liberata Vicente
Do seu matrimonio tiveron seis fillos; Francisco, Antonio, Juan Francisco, Lorenzo Patricio, María Jacoba, Laureano Antonio, Jose Ignacio. Todos nados e bautizados na parroquia de Santa Mariña, de todos foi padriño D. Agustín Estévez de Avila y Aponte, os seis fillos do Matrimonio simplemente levan os apelidos Bouzada Vicente. 
Por unha especial cláusula, o testador neste caso D. Francisco Agustín Estévez, determina que os seus sucesores e herdeiros teñan a obrigación precisa de ter so os apelidos; Estévez Avila y Aponte, en todo o seu dereito de sucesión, por tal razón Domingo e Liberata alteran os seus apelidos de orixe. 
Sabemos polo referido testamento do señor Estévez de Avila y Aponte realizado en 1740, así como por outros documentos que D. Domingo de Bouzada y Aponte é familiar do Santo Oficio, coa residencia na vila da Guarda cando menos no ano 1740, posiblemente para completar o numero de familiares que correspondían o Santo Oficio nesta data e na vila do Tegra. 
Podería ser que Don Domingo de Bouzada y Aponte como familiar do Santo Oficio da Inquisición do Reino na vila Guardesa é unha desas prebendas arranxadas para os parentes, cousa frecuente nestas datas na institución, D. Domingo finou e foi soterrado na freguesía de Santa Mariña do Rosal o 7 de decembro de 1787. 
Neste momento perdemos a pista dos seguintes donos do Pazo,  supoñemos que seguiu na liña familiar como mínimo un par de xeracións máis, unha posibilidade e que nalgún momento puido pertencer a familia Aballe,  estas informacións dadas por Xesús Gómez Sobriño quen fora director do Museo Diocesano de Tui alá polos anos 70 do século pasado. A familia Aballe que obtivo inmensas propiedades e riquezas como pazos en lugares tan dispares como Ponteareas, Fornelos de Montes, chegando ata Cambados e o máis importante o de Salceda de Caselas. 
Igrexa de San Pedro de Forcadela - Feligresía de nacemento de D. Domingo
Fora ou non verdade esta última posibilidade que acabamos de contar, pola falta de información constratada o que se sabemos é que nalgún momento os xefes da Gavilla ou Inquisición deron paso a mans privadas a persoas nun principio foráneas que ó redor dos anos 50 do último século fanse co Pazo estamos a falar da familia dos Candeira, recordo algunha visita de D. Javier (Candeira), a casa de meus avós, unha persoa moi afable e simpática no trato, que pena non poder preguntarlle tantas cousas sobre o Pazo se fora agora, seguimos no paso do tempo chegando ata os anos 2000 onde partiron os terreos do Pazo, a parte de abaixo comprárona para montar a casa rural chamándolle a Quinta do Ramo, a día de hoxe a parte de arriba do Pazo segue sendo da familia, e onde se atopa o portalón almenado, o escudo en pedra e moi posiblemente tamén os restos da antiga torre seguindo a miña teoría persoal xa explicada en artigos anteriores, conviven ca casa de verán dos descendentes da familia Candeira onde veñen a pasar épocas estivais. 
Ata aquí a historia do Pazo do Ramo, ata os nosos días, prometemos seguir indagando e buscando máis información e segredos sobre este Pazo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario